CRTVG

Buscar

Galicia xa ten menos de 3.000 casos activos de covid-19 tras mes e medio de descensos

Publicado o 16/09/2021 10:24

• Soben os novos casos detectados por PCR (+5)

• A ocupación hospitalaria segue en descenso (-15)

Galicia xa ten menos de 3.000 casos activos de covid-19 tras mes e medio de descensos

Seguen baixando os casos activos, que xa están hoxe por debaixo dos 3.000. En total, hai 2.764 persoas con coronavirus, 246 menos que o día anterior.

As PCR positivas, pola súa parte, aumentan por segundo día consecutivo. Detectáronse 117 casos novos, cinco máis que na xornada de onte.

Por PDIA, foron detectados 78 casos novos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 434 (-30)

A Coruña: 760 (-63)

Pontevedra: 187 (-17)

Santiago: 456 (-48)

Ourense: 299 (-24)

Lugo: 525 (-47)

Ferrol: 103 (-17)

A ocupación hospitalaria diminúe. Hai 31 persoas ingresadas en UCI (-4) e 88 en planta (-11). Por outra banda, o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas con covid−19, que establece o número en 2.612 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos