Os casos activos descenden respecto ao pico da primeira vaga (5.177)
• Aumentan as persoas hospitalizadas en UCI (+3)
• Diminúen as probas positivas detectadas por PCR (-9)

Os descenso de casos activos xa está por debaixo do pico da primeira vaga. Rexistráronse 5.177, 379 menos que a xornada anterior.
Tamén houbo unha baixada das probas positivas por PCR con respecto ao día de onte (-9). En total, 149.
Por PDIA, detectáronse 90 casos novos por coronavirus, 71 menos que o día anterior.
Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:
Vigo: 768 (-52)
A Coruña: 1.301 (-99)
Pontevedra: 316 (-11)
Santiago: 938 (-82)
Ourense: 543 (-14)
Lugo: 1.050 (-90)
Ferrol: 291 (-1)
A presión asistencial tamén experimenta un descenso. Hai 24 persoas menos en planta, en total 120; pero tres máis en coidados intensivos, en total 49. Por outra parte, o Sergas notificou o falecemento de dúas persoas por mor da covid−19, que eleva a cifra a 2.592 decesos desde o inicio da pandemia.