CRTVG

Buscar

Os casos activos baixan do milleiro na área da Coruña

Publicado o 22/03/2021 14:55

Son dúas as áreas que preocupan máis: A Coruña e Vigo. A área coruñesa segue sendo a que ten máis casos, pero a curva aquí é descendente. Tanto que, por primeira vez no que vai de ano, baixa dos mil casos activos.

O número de casos activos vai descendendo pouco a pouco. Hoxe son 959 os pacientes con infección activa fronte aos 998 da xornada anterior. Baixa tamén a presión hospitalaria, tanto en planta coma en unidades de críticos.

Aínda así, a Coruña segue a ser a cidade de Galicia que conta cunha maior incidencia. 169 casos por cen mil habitamtes nos últimos 14 días.

Noticias web

22/03/2021