CRTVG

Buscar

Os casos activos aumentaron en 257 na última semana e xa superan os 1.500

Publicado o 28/06/2021 14:46

• Medran en todas as áreas, sobre todo nas da Coruña e Pontevedra

• Tamén soben as persoas ingresadas en planta (38) e nas UCI (14)

Quinto día consecutivo con aumento dos casos activos. En tan só unha semana o incremento foi de 257 casos activos. Segundo os útlmos datos do Sergas,  hai 1.507 persoas con covid-19 en Galicia, 56 máis ca onnte, tras 126 novos positivos detectados.


Por áreas sanitarias a repartición é:

• A Coruña: 491 (+20)

• Vigo: 219 (+10)

• Ourense: 165 (+1)

• Santiago: 148 (+2)

• Lugo: 189 (=)

• Pontevedra: 226 (+19)

• Ferrol: 69 (+4)

Máis hospitalizados

A presión hospitalaria foise incrementando lixeiramente nos últimos tres días. Hai 52 persoas ingresadas: 38 en planta (+2) e 14 nas UCI (+2).

Onte o Sergas non notificou ningún falecemento, polo que a cifra de vítimas mantense en 2.435.

Baixa a positividade, que roza o 4 %

A positividade foi un dos parámetros que experimentou un aumento en comparación coas cifras dos últimos catro meses. Das 3.133 probas PCR realziadas, deron positivo 124, o que supón unha taxa de positividade do 3,96 %, algo menos ca onte -4,09 %-.

Mapas de incidencia por concellos