CRTVG

Buscar

Os casos activos ascenden en Galicia a 321, ao sumarse 13 máis

Publicado o 02/08/2020 22:00

• 8 novos positivos no gromo do ximnasio de Meicende elevan a 39 o total de contaxiados

• A área sanitaria da Coruña rexistra o maior número de casos, con 118

 

Galicia rexistra 321 casos activos este domingo, o que supón 13 máis con respecto aos datos do sábado. Así o confirma a última última actualización do Sergas. A área da Coruña segue a ser a que rexistra máis contaxios, con 118. Isto supón 11 máis ca onte e oito deles están relacionados co gromo de Meicende, en Arteixo. O abrocho de Vigo fai subir as cifras desta área sanitaria en 7 casos. Inverte novamente esta tendencia a área sanitaria de Lugo, onde baixan en catro o número de contaxiados.

A repartición dos casos activos por áreas sanitarias queda do seguinte xeito:

A Coruña: 118

Lugo: 70

Ourense: 18

Pontevedra: 25

Vigo: 63

Santiago: 25

Ferrol: 2

No tocante ás hospitalizacións, 12 persoas continúan ingresadas e 1 permanece na UCI. Hai 308 ingresos domiciliarios. O número de falecidos continúa en 619. Ata o de agora realizáronse 253.196 probas PCR e a cifra de curados ascende a 11.302.