Os casos activos ascenden ata os 18.964 nunha xornada en que se notifican 3 novas mortes
• Aumentan os novos positivos: 1.300 nas últimas horas
• Hai catro ingresos máis nas UCI e once en planta
• As infeccións activas baixan en máis dun cento en Ourense

Os casos activos soben ata os 18.964, despois de que onte baixaran por primeira vez dende hai semanas. Son 95 máis con respecto á xornada anterior. Unha xornada máis os novos positivos mantéñense por riba do milleiro. Nas últimas horas detectáronse 1.300.
E segue en medrando a presión nos hospitais con 4 ingresos máis nas UCI e 11 en planta. Hai 316 persoas ingresadas por mor da covid en Galicia.
As áreas que reportan máis contaxios diarios son Vigo (359), A Coruña (259), e Lugo (170). No outro extremos están Ferrol (44) e Ourense (78).
Na tarde do domingo Sanidade notificaba a morte de tres persoas que foran diagnosticadas coa covid e que tiñan patoloxías previas. Trátase dunha muller de 80 anos que morreu en POVISA e dous homes de 54 e 58 que faleceron no CHUVI e no CHUAC. Dende o inicio da pandemia morreron 2.464 persoas en Galicia.
Repartición dos casos activos por áreas sanitarias
Os casos activos soben nas áreas da Coruña, Vigo e Lugo e baixan en Ourense, Santiago, Pontevedra e Ferrol.
Vigo: 4.684 (+145)
A Coruña: 3.946 (+119)
Pontevedra: 2.947 (-68)
Santiago: 2.293 (-31)
Ourense: 1.871 (-112)
Lugo: 2.266 (+48)
Ferrol: 957 (-6)