CRTVG

Buscar

Os cardiólogos aconsellan manter o tratamento das persoas hipertensas diagnosticadas coa COVID-19

Publicado o 08/05/2020 16:16

Os cardiólogos aconsellan manter o tratamento nos doentes coa COVID-19. Consideran que mesmo pode ter un efecto protector.

Esta é unha das conclusións do proxecto deinvestigación que están a desenvolver no Servizo de Cardioloxía deSantiago e Barbanza para proporcionar coñecemento sobre como afecta este coronavirus ao sistema cardiovascular nas distintas fases daenfermidade.

Entre os primeiros resultados do proxecto Cardiovid está tamén o desenvolvemento dunha ferramenta diagnóstica para poder predicir a gravidade na evolución dos enfermos.

Neste estudo, liderado pola sanidade pública compostelá, participan tamén os servizos de Medicina Interna, Pneumoloxía, Anestesioloxía e Reanimación, Coidados Intensivos e Análises Clínicas. Suman forzas, sabendo que na investigación está a chave para frear a pandemia.

Noticias web

08/05/2020