Os carburantes chegan a prezos máximos desde primavera
Publicado o 05/01/2021 14:03
O cambio de calendario trae unha nova suba dos prezos dos combustibles. O consumo de carburantes decreceu un 70% durante o confinamento e os prezos baixaron un 30% de media. Coa recuperación da mobilidade, volven subir a demanda e as cotizacións. Aínda están por debaixo do que marcaban hai un ano, un 13% o gasoil e un 10% a gasolina, pero xa acadaron o valor máis alto desde primavera.
O sector espera novas subas, arredor do 8% nos próximos 5 anos, por mor dos novos impostos aos hidrocarburos cos que o Goberno prevé financiar as primas ás enerxías renovables e que agora se cobran no recibo da luz.