CRTVG

Buscar

Os capitáns do Celta visitan a futura cidade deportiva de Mos

Publicado o 19/09/2019 20:12

Os tres capitáns do Celta, Hugo Mallo, Iago Aspas e Sergio Álvarez foron esta tarde a Mos para ver como van as obras da nova cidade deportiva celeste. Alí a alcaldesa, Nidia Arévalo anunciou que o vindeiro día 30 de setembro levará a Pleno a modificación do Plan Xeral de Mos. A previsión é que en oito meses, o primeiro equipo e o filial se poidan traballar xa nas novas instalacións.

Hugo Mallo recoñeceu que están "ansiosos porque estamos a ver que é un lugar incrible e vai ser unha grande obra. Vai ser espectacular tanto para o primeiro equipo como para os máis novos, para os rapaces da canteira. É incrible que saian tantos xogadores ano tras ano non só para o primeiro equipo senón para as categorías inferiores da selección. E se somos quen de facer iso con dous campos, ou máis ben cada equipo con medio campo, imaxina que pode pasar cando teñan unhas instalacións como é debido".

Noticias web

19/09/2019