CRTVG

Buscar

Os candidatos de Galicia en Común piden o achegamento as urnas

Publicado o 10/11/2019 15:06

Por En Común-Unidas Podemos, Yolanda Díaz, número un da formación por Pontevedra, votou en Canido, en Ferrol. A candidata de Galicia en Común por Pontevedra, Yolanda Díaz, votou no colexio electoral instalado no IES Canido de Ferrol.
Díaz, que estivo acompañada polo ex-alcalde e voceiro de Ferrol en Común, Jorge Suárez, chamaba á participación. Tamén chamou á participación o candidato pola Coruña, Antón Gómez-Reino, que votou no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña, nunha mesa presidida pola concelleira da Marea Claudia Delso. Gómez-Reino foi votar canda o aspirante ao Senado José Manuel Sande e o concelleiro da Marea Xiao Varela, cos que comparte colexio electoral.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2019