CRTVG

Buscar

Os candidatos de En Común-Unidas Podemos defenden en Ourense as ideas da República

Publicado o 14/04/2019 22:15

Esta tarde, os candidatos de En Común Unidas Podemos participaron en Ourense nunha conversa interxeracional sobre os valores republicanos baixo o lema "Primavera republicana". Alí, o cabeza de lista pola Coruña insistiu en que eles son a única aposta real por un goberno valente e que defenda as ideas da República.

O líder de Podemos, Pablo Iglesias, participou esta mañá nun mitin en Éibar, onde destacou o importante valor simbólico, histórico e tamén político do municipio. Dixo que nestas eleccións se debaten dúas cuestións: a plurinacionalidade e a xustiza social. E asegurou que a única garantía dun goberno de esquerdas no Estado é un que conte coa presenza de Unidas Podemos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019