Os cámpings galegos apuntan a un cheo en xullo e agosto
Publicado o 03/07/2019 14:29
Coa chegada do verán, o cámping comeza a coller peso como alternativa para pasar as vacacións. Este ano, aínda que as previsións para os vindeiros meses son boas, o tempo será o que determine se se cumpren finalmente.
Adoitan ser a opción preferida para as familias con nenos, polo que se ven na obriga de ofrecer cada vez máis actividades buscando a aprobación dos máis cativos.
Estas son as vantaxes que presentan para clientes coma este, que leva escollendo o mesmo cámping dende hai 30 anos. Os seus ocupantes non responden a un único perfil.
Nos últimos anos aumentou o número de autocaravanas, e tamén de xente que prefire decantarse por bungalós en lugar das tradicionais tendas de campaña.