Os cámpings galegos acadan cifras históricas de ocupación este verán
Publicado o 10/09/2021 15:02
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a reactivación dos cámpings galegos, con cifras históricas este verán. Foi en Baiona, nunha visita a uns dos máis elixidos polos turistas. Segundo Alfonso Rueda, superouse a demanda de antes da pandemia cun 10 por cento máis de visitantes que en 2019. Un éxito turístico grazas, segundo o vicepresidente, ao reforzo da mensaxe de Galicia como destino seguro.