CRTVG

Buscar

Os campamentos de verán da Xunta ofertan 9.834 prazas este ano

Publicado o 22/04/2019 23:41

E en nada, chega o verán. As prazas para os campamentos de verán poden solicitarse a partir de mañá. Este ano ofértanse 9.834. Son 62 máis ca o ano pasado. Hai programadadas actividades de todo tipo, desde deportes náuticos ata talleres de robótica ou campos de voluntariado ambiental.

O verán que queres vivir é o lema da campaña de actividades para a mocidade que a Xunta de Galicia pon en marcha para os meses de xullo, agosto e setembro. Das preto de 9.900 prazas ofertadas, a maior parte, algo máis de 6.300, son para os campamentos de menores. Pero hai tamén actividades para maiores de 18 anos, intercambios con outras comunidades ou campos de voluntariado en Galicia e no estranxeiro.

Tanto os campamentos como os campos de traballo están abertos a persoas con discapacidade, e hai ademais quendas específicas para elas, así como 50 prazas para fillos de vítimas de violencia machista. Na web da Consellería de Política Social está toda información e os formularios para as solicitudes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019