CRTVG

Buscar

Os campamentos de verán da Xunta poderán solicitarse dende o 20 de maio

Publicado o 11/05/2021 15:23

Co lema "O verán que mereces" abre unha nova convocatoria dos campamentos da Xunta, que ademais vén reforzada. Haberá 7.830 prazas, mil máis que o ano pasado, e máis instalacións dispoñibles. 

O que repiten son as medidas de seguridade sanitaria implementadas o ano pasado.

"Continuaremos coa incorporación gradual dos rapaces aos campamentos, imos solicitarlles aos pais unha declaración responsable do estado de saúde dos nenos e reforzaremos o persoal para crear pequenos grupos en todos os campamentos de Galicia", explica Fabiola García, conselleira de Política Social.

Haberá 185 prazas reservadas para persoas con discapacidade, e outras sesenta para menores tutelados pola Xunta. A oferta repártese entre os campamentos xuvenís, os intercambios con outras comunidades, campos de voluntariado para maiores de idade e minicampamentos de cinco días. 

As prazas nestes campamentos de verán poderán solicitarse dende o xoves 20 de maio.

Noticias web

11/05/2021