CRTVG

Buscar

Os camionerios galegos que quedaron atrapados en Noiteboa no Reino Unido descansan de regreso nas casas

Publicado o 30/12/2020 14:31

Non foi un Nadal moi memorable para os transportistas galegos que estiveron atrapados na localidade inglesa de Dover e que van chegando por fin a Galicia. Condutores de camións que viviron nun escenario dunha triste Noiteboa. Contan as horas para poder estar cos seus. Son moitos os camioneiros galegos que tiveron que pasar o Nadal lonxe da familia atrapados, moitos deles, no Reino Unido.

Marcos Álvarez é un deles. Saíu hai dez días cun envío de polos desde Ourense cara a Manchester sen poder imaxinar a aventura que lle agardaba. Á vista das novas que chegaban do porto de Dover, decidiu coller outra ruta e xuntouse co resto de compañeiros galegos para intentar pasar a Noiteboa, polo menos, en compañía.

Marcos considérase afortunado coma os seus compañeiros de non meterse na caravana de camións cara a Dover. Alí, di, foi onde peor se pasou, en soidade e sen apenas servizos. Coma Marcos, outros moitos profesionais do volante van regresando a Galicia tras dos duros momentos vividos.

Saben que é o seu traballo e que hai que volver á ruta. E fano coa intertezza que ademais do coronavirus traerá agora o proceso do brexit. Pero son profesionais e moi conscientes do esencial do seu traballo.

Noticias web

30/12/2020