CRTVG

Buscar

Os camioneiros que transportan carbón á central térmica das Pontes levan as protestas a Madrid

Publicado o 09/07/2019 19:43

Viaxaron dende moi cedo, pero non puideron chegar cos seus camións ata o centro de Madrid. Desviáronos nas Rozas, deixaron os camións nunha área de servizo e un autobús trasladou os camioneiros ata aquí, ao Ministerio no paseo da Castellana.

Está previsto que os reciba o secretario de Estado e a el lle van trasladar as súas reivindicacións. A factoría de Endesa leva dous meses parada e, por tanto, os transportistas que carrexan o carbón están sen carga de traballo. Están afectadas unhas 200 familias, pero esa falta de traballo tamén está a repercutir no tecido industrial da zona. Amais, Endesa esixiulles hai un ano que renovaran a súa frota de camións para ser menos contaminates. Iso supuxo un investimento ao que agora sen traballo non poden facer fronte.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019