CRTVG

Buscar

Ter o título de bacharelato ou FP será necesario para conducir un camión en España

Publicado o 25/06/2019 08:27

A partir do ano que vén, o bacharelato ou os graos superiores, como a FP, serán tamén requisito indispensable para circular cun camión polas estradas españolas. O obxectivo, segundo o Ministerio de Fomento, é incrementar o nivel académico entre os novos transportistas.

A medida inscríbese dentro da nova normativa europea. Parte dos transportistas critica a falta de tempo para adaptarse á nova regulación e sosteñen que restrinxirá a entrada ao sector de milleiros de traballadores. No caso dos transportistas galegos destaca unha situación de desigualdade: é maioritariamente a muller quen pon a formación mais é o home quen leva o camión.

Doutra banda, unha asociación de transportistas autónomos de Barcelona argumenta que esta medida atenta contra o principio de igualdade e excede a normativa europea, polo que anuncia un recurso ante o Tribunal Económico-Administrativo co obxectivo de suprimila.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019