CRTVG

Buscar

Os cambios bruscos de tempo teñen consecuencias na nosa saúde

Publicado o 24/04/2019 20:31

Os cambios bruscos de tempo e, sobre todo, a oscilación térmica teñen as súas consecuencias na nosa saúde.

Son moitas as patoloxías que se acentúan cos cambios bruscos de tempo. En menos de 48 horas en Galicia pasamos de sol e case 30 graos de máxima a 15 graos, chuvia e vento. Isto fai que arrefriados, problemas reumatolóxicos, intestinais, hemicranias ou alerxias se acentúen. Fano, sobre todo, en pacientes con patoloxías previas. Os expertos aconsellan non automedicarse e buscar sempre o consello dos profesionais ante calquera síntoma.

Os termómetros caeron en picado nas últimas 48 horas. Pasamos dun suspiro de verán a outro case invernal. Na fin de semana a metade sur de Galicia rexistrou as temperaturas máximas de España, que baixaron á metade. En Pontevedra por exemplo, pasaron de 30 a 15 graos. Cambios fortes que teñen efectos na saúde.

Para poñerlle remedio a calquera síntoma, os expertos recomendan buscar consello profesional e nunca automedicarse ante as doenzas habituais destes cambios de tempo.

Os métodos de prevención seguen sendo os básicos como lavar moito as mans, evitar aglomeracións e para os alérxicos, afastarse das zonas axardinadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/04/2019