CRTVG

Buscar

Os cambios bruscos de tempo desta primavera reflíctense tamén na alimentación

Publicado o 16/05/2019 12:22

Cambiou o tempo. Volve a chuvia e caen as temperaturas, pero aínda así son moitos os que, á hora de comer, manteñen os seus hábitos dos calorosos días pasados.

Vendedores e consumidores coinciden en que metidos xa no mes de maio non apetece volver aos pratos de culler, máis típicos do inverno. Así que estes días as verduras e froitas de temporada son as que están a ter máis demanda.

Espárragos, alcachofas ou chícharos. Son algunhas das verduras de temporada que máis demanda están a ter a pesar de que xa están comezando a baixar as temperaturas.

"Están baixando, pero non van ser como as de inverno, así que seguimos comendo ensaladas e este tipo de cousas".

Pois hai a quen agora, coa baixada dos mercurios, lle apetece, malia ser os menos, volver aos pratos de culler.

"É que coa calor apetecen as ensaladas, pero agora que volve o frío, comemos mellor guiso, callos...".

En canto ás froitas, case todos apostan polas de temporada.

"A xente vén pola froita de óso, os amorodos galegos...".

Con todo, os expertos fan especial fincapé en que a dieta non se pode ver alterada, senón que hai que adaptala ás temperaturas, facendo primar os alimentos frescos.

Froitas e verduras hai para todos os gustos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2019