CRTVG

Buscar

Os Cabaliños do Recheo volven á Coruña máis de medio século despois

Publicado o 23/09/2021 21:50

Máis de medio século despois de que trotaran por primeira vez, os populares cabaliños da Coruña esta tarde volveron saír á rúa. Os cabaliños dos xardíns de Méndez Núñez, coñecidos na cidade da Coruña tamén como os Cabaliños do Recheo, espertaron a nostalxia de xeracións de coruñeses.

Os paseos nos populares cabaliños a pedais foron a atracción infantil de milleiros de nenos e nenas entre os anos 70 do século pasado ata o 2002. 

Coa restauración dun exemplar, Luis quixo render homenaxe á memoria do seu pai, quen ideou e construíu os cabaliños en 1969. Contou para iso coa axuda do seu sobriño. A familia agora está disposta a doar o resto, uns 40 cabalos de fibra de vidro, que permanecen nun almacén de Melide.

Noticias web

23/09/2021