CRTVG

Buscar

Os cabaliños do mar, unha especie fermosa e ameazada

Publicado o 22/07/2020 18:13

Son unha das especies máis máxicas e singulares dos fondos mariños. Podemos observalos con detemento en acuarios como o do Grove.
Pero moito máis difícil é encontralos no fondo do mar, é unha especie ameazada polas artes de pesca e a contaminación. E dinno os mergulladores e os cámaras que captan os seus lentos movementos pola auga.

As Rías Baixas son a zona por onde máis facilmente podemos atopar os cabaliños do mar que sempre buscan augas moi limpas.

Din que poden chegar a vivir ata catro anos e que escollen parella para a toda vida e, o máis raro, os machos son os que teñen as crías. Por iso un animal tan singular non debería desaparecer nunca dos nosos mares.
 

Noticias web

22/07/2020