CRTVG

Buscar

Os burros máis veloces volven citarse en Escairón

Publicado o 06/08/2019 16:34

O campo de fútbol da Lama converteuse nun particular hipódromo para acoller a edición número 69 da carreira de burros de Escairón. Neste certame participaron 31 animais chegados dende diferentes puntos do norte da península.

Non faltaron xinetes nin amazonas e hainos tanto experimentados como novatos que se animan a probar.

Logo de varias quendas clasificatorias, Hanibal de Vilagarcía e o burro Roqui proclamáronse gañadores.

Na clasificación local foron o burro Abelardo e o xinete Isaac Losada os primeiros en chegar á meta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019