CRTVG

Buscar

Os 'botellóns' e as festas descontroladas tomaron as rúas

Publicado o 09/05/2021 19:58

A estas horas aínda resoan os ecos da noite de festa que se viviu en moitas cidades españolas.
Milleiros de mozos, que aínda non están vacinados, botáronse ás rúas. Foi unha celebración multitudinaria en ducias de cidades.

A resaca que deixan estes botellóns e festas non convida á tranquilidade. As autoridades sanitarias están alarmadas e chaman a respectar as normas.