CRTVG

Buscar

Os bonos Activa Comercio da Xunta con descontos xa superan as 132 mil descargas

Publicado o 05/06/2021 15:05

Logo dun mes en activo, xa hai máis de 132.000 descargas dos bonos Activa Comercio, un sistema ideado pola Xunta para axudar aos establecementos de proximidade, incentivando as compras mediante descontos.

Para beneficiarse destes bonos hai que inscribirse na páxina correspondente en Internet e supón un desconto de entre cinco e dez euros.

As compras poden realizarse nun total de 5.260 comercios de toda Galicia.
A Xunta destina a estas axudas 10 millóns de euros.

Noticias web

05/06/2021