CRTVG

Buscar

Os Bonos Activa Comercio da Xunta con 30 euros poden descargarse desde este luns

Publicado o 02/05/2021 19:37

Os bonos de desconto da Xunta para realizar compras no comercio de proximidade poden descargarse a partir do luns.

Cada cliente disporá de 30 euros. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra. Se o gasto é de 30 euros ou máis, o desconto será de 5. Nas compras iguais ou superiores a 50 euros a rebaixa será de dez.

Hai máis de 2.500 comercios adheridos, que contan co distintivo que os indentifica como participantes no programa. Con todo, os comerciantes interesados poden seguir sumándose ata o día 15.

Os Bonos Activa Comercio contan cun orzamento de 10 millóns, cos que se pretenden mobilizar 55 millóns no sector e cos que aspiran a chegar a 330.000 persoas.

Os clientes interesados deben rexistrarse na páxina www.bonosactivacomercio.gal.