CRTVG

Buscar

Os bombeiros visitan os nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

Publicado o 17/12/2019 15:27

Os nenos hospitalizados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo puideron ver hoxe esta espectacular imaxe. Un ano máis, con motivo das festas de Nadal, os pequenos recibiron a visita dos bombeiros de Vigo, que non accederon ás instalacións como o resto das persoas.

Como auténticos heroes, despregaron a escaleira dun dos seus camións e subiron ata a área pediátrica do centro para levarlles agasallos. Unha escena que foi seguida en todo momento polos cativos dende a cristaleira.

 

Noticias web

17/12/2019