CRTVG

Buscar

Os bombeiros rescatan un neno atrapado na ventá dun cuarto andar na China

Publicado o 09/10/2019 15:50

Na China, os bombeiros evitaron unha traxedia. Lograron rescatar un neno de catro anos que se aferraba á súa vida na ventá dun cuarto piso. O pequeno esvarou e a súa cabeza quedou atrapada entre os barrotes de seguridade da ventá, co corpo colgado ao baleiro.

Durante o perigoso rescate, os bombeiros usaron unha máquina hidráulica para separar os barrotes. Despois de aseguralo firmemente cunhas cordas, conseguiron salvar o neno.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019