Os bombeiros rescatan dúas sendeiristas que estaban de visita na Ribeira Sacra
Publicado o 19/04/2021 10:00

Dúas sendeiristas tiveron que ser rescatadas nas últimas horas na Ribeira Sacra. Foi unha xornada de domingo complicada para os servizos de emerxencia, bombeiros e o 061. Unha das sendeiristas tiveron que sacala a pé por unha zona moi escarpada, tiveron que trasladar a muller escalando por un camiño de gran pendente de máis de 700 metros.
A muller estaba de visita na zona da pena do Castelo en Sober e, ao parecer, mancouse nun nocello e non podía camiñar. O segundo rescate realizouse en Ferreira de Pantón, nunha zona rochosa onde se levantan varios sepulcros. A muller caeu e sufriu importantes mazaduras, polo que tras o rescate tivo que ser evacuada ao hospital.