CRTVG

Buscar

Os bombeiros liberan cun trade unha nena coa cabeza atrapada nunha cadeira

Publicado o 30/10/2019 14:56
Os bombeiros liberan cun trade unha nena coa cabeza atrapada nunha cadeira

Os bombeiros de Vigo rescataron onte arredor das 14:00 unha nena de tres anos que tiña a cabeza atrapada nunha cadeira. Ocorreu na súa aula da escola Alfonso Rodríguez Castelao, no barrio de Navia.

A pequena quedou atrapada porque meteu a cabeza entre o respaldo e o asento da cadeira. Comezou a queixarse e os mestres tiveron que pedir axuda aos bombeiros. Para liberala usaron un trade e desmontaron o respaldo. Finalmente, a cativa quedou libre e sen ningún problema maior.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí