CRTVG

Buscar

Os bombeiros de Vigo volven preitear contra o Concello

Publicado o 22/01/2020 14:50

Os bombeiros de Vigo volveron levar, por segunda vez, ao concello perante os tribunais. Desta volta, denuncian a ausencia de negociación dos servizos mínimos da folga indefinida que manteñen desde hai seis meses. 

Segundo os convocantes, neste tempo o concello impuxo uns mínimos que, na súa opinión, son imposibles de cumprir. Estiman que o servizo ordinario tería que estar dotado con 180 efectivos e actualmente son 110 axentes. O ano pasado gañaron, en primeira instancia, outro preito contra o concello que anulou o decreto municipal que os obrigaba a facer horas extras.   

Noticias web

22/01/2020