CRTVG

Buscar

Un edificio de Vigo tivo que ser desaloxado por mor dun aparatoso incendio nun balcón

Publicado o 20/09/2020 10:07

Un incendio, ocorrido sobre as once menos cuarto da noite deste sábado, estivo a piques de provocar un susto máis grande pero finalmente puido ser sufocado polos bombeiros do parque de Balaídos, moi próximo ao lugar do suceso.

As chamadas dos veciños alertaron aos bombeiros que, grazas a súa rápida intervención evitaron danos maiores. Tivo que ser desaloxado e o tráfico estivo cortado na avenida de Fragoso. Os veciños puideron regresar ás vivendas pasada a medianoite.

Agora investigan as causas de que o lume prendese con tanta facilidade no exterior da vivenda.

 

Noticias web

20/09/2020