CRTVG

Buscar

Os bombeiros de Vigo inician este mércores unha folga, a primeira na súa historia

Publicado o 14/08/2019 14:24

Por primeira vez na historia deste servizo, os bombeiros de Vigo convocan dende hoxe unha folga indefinida. Demandan máis persoal e a anulación dun decreto que legaliza xornadas maratonianas de traballo. 

Este paro histórico comezou na Inspección de Traballo de Vigo coa denuncia do decreto de horas extras que os obriga, din, a facer xornadas de traballo interminables. A protesta esténdese á utilización de bombeiros en prácticas a pleno rendemento para cubrir o déficit de persoal. Urxen unha xuntanza coa concelleira de seguridade porque o cadro actual, aseguran, non abonda para garantir a protecion da cidade nin para cumprir cos servizos mínimos desta folga.

Os sindicatos convocantes, CIG e CUT, falan de situación límite para os bombeiros, que o ano pasado sumaron 38.000 horas extras, e dun 30% de baixas derivadas do exceso de traballo. A edil Elena Espinosa enviou un comunicado en que explica que todos os sindicatos aprobaron un catálogo de prazas que se está tramitando nunha Oferta Pública de Emprego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019