CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio rexistrado no parque Eugenio Granell tras os fogos

Publicado o 25/07/2020 00:42

Tras o espectáculo pirotécnico dos Fogos do Apóstolo, os bombeiros de Santiago confirmaron que se declararon dous lumes na zona do Restollal, onde estaba situado un dos lugares de lanzamento.

Ao lugar do lume, con dous focos activos, acudiron catro vehículos do parque de Compostela, con 12 bombeiros, e dúas cuadrillas forestais.

Segundo os Bomberios de Compostela, na zona xa non quedan lapas activas, os operarios están a arrefriar a zona. A policía local informou de que arderon matogueiras e non houbo risco para as casas. Non transcendeu a orixe das chamas.

O Concello de Santiago cancelara o lanzamento dos fogos desde dous puntos da cidade polo risco de incendio (Granxa do Xesto e Monte de Deus), pasando a ser seis e non os oito iniciais.