CRTVG

Buscar

Os bombeiros de Lugo e Ourense protestan para pedir máis persoal

Publicado o 05/02/2019 15:14

Apostados nos soportais do Concello de Ourense, os tres bombeiros do parque da cidade cumpren xa vinte e catro horas de xaxún. A medida chega, aseguran, despois de varios meses de concentracións e distintos actos de protesta para reclamarlle ao Goberno local que atenda as súas peticións, que, basicamente, se resumen en máis persoal e máis medios para prestar un servizo digno á cidadanía.

Os bombeiros de Lugo, pola súa banda, encoméndanse ao seu patrón do santoral na procura de apoio ás súas reivindicacións. Periodicamente realizan tamén concentracións diante da casa consistorial. A cerna da súa petición é que se amplíe o número de efectivos, fronte á simple reposición de vacantes que ofrece o executivo local.

Vestiario e ferramentas insuficientes ou obsoletas, vehículos avellentados, imposibilidade de conciliar vida profesional e familiar por falta de persoal son outras causas polas que os bombeiros decidiron saír á rúa, neste caso, para seren eles os que piden socorro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019