CRTVG

Buscar

Os bombeiros da Coruña sufocan un incendio nun coche na rúa Xoán Montes

Publicado o 24/03/2019 20:57

Os bombeiros da Coruña sufocaron un incendio nun coche na zona da Gaiteira poucos minutos antes das catro da tarde deste domingo.

Numerosas chamadas de veciños alertaron os servizos de emerxencia do vehículo ardendo na rúa Xoán Montes. Os labores de extinción remataron ás cinco, co coche totalmente calcinado e con danos noutro que estaba aparcado diante. Ademais dos bombeiros, ata o lugar desprazouse a Policía Local. Non houbo feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019