CRTVG

Buscar

A Fiscalía investiga como intencionado o incendio na catedral de Nantes

Publicado o 18/07/2020 11:25

Os bombeiros lograron controlar rápidamente o incendio que se declarou a primeira hora na catedral de San Pedro e San Paulo de Nantes ao noroeste de Francia. A magnitude do mesmo non é comparable o que afectou a Notre Dame en París en abril de 2019. Tampouco á do que afectou á mesma catedral e que a destruíu en 1972.

 A Fiscalía de Nantes abriu unha investigación por incendio premeditado despois de detectar tres focos distintos no lume que afectou o templo, unha xoia do gótico francés que acumula incidentes, que a puxeron en perigo nos seus máis de cinco séculos de historia.

Para loitar contra as lapas tiveron que forzar as portas de templo. O lume estaba concentrado na zona do órgano, seguinte o rosetón da fachada. Un cento de bombeiros loitan contra o incendio e permanecerán toda a xornada na zona para evitar que se reproduza.
A fiscalía de Nantes xa iniciou as investigacións para determinar a orixe do sinistro.














Noticias web

18/07/2020