CRTVG

Buscar

Os bombeiros atoparon un home morto no seu domicilio da Coruña

Publicado o 20/09/2019 14:11

Os Bombeiros acudiron a este domicilio da rúa Almirante Mourelle da Coruña preto das doce da noite pasada tras ser requiridos pola Policía Nacional. Os achegados e familiares do residente no terceiro piso non sabían nada del desde hai días, e ante a falta de resposta alertaron as forzas de seguridade. Os bombeiros tiveron que acceder pola fiestra da vivenda.

Víctor Sánchez, sarxento dos Bombeiros da Coruña, explica que entraron pola ventá e "comprobamos que o home estaba falecido, una persoa duns 70 anos, estaba no baño e aparentemente morto por causas naturais".

Cada vez son máis frecuentes intervencións deste tipo por parte dos bombeiros.

Neste caso, o home, que vivía só, levaba, ao parecer, varios días morto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019