CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os Bolechas presentan o libro dedicado a María Víctoria Moreno

Publicado o 02/05/2018 21:23
Os Bolechas queren achegar as Letras Galegas aos máis pequenos. Hoxe presentaron na Coruña o libro dedicado a María Victoria Moreno, que se inclúe dentro da colección 'As miñas primeiras Letras Galegas'. A través das súas páxinas os máis pequenos poderán coñecer a vida e obra desta profesora e escritora homenaxeada este ano no Día das Letras. Xunto co libro tamén se puido ver parte dun documental que se emitirá no programa infantil desta casa; " Xabarín Club"
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

02/05/2018