CRTVG

Buscar

Os Bolechas presentan 'As miñas primeiras Letras Galegas'

Publicado o 01/12/2016 13:43

Con esta nova coleccións queren achegar a vida e a obra dos grandes nomes da literatura galega aos máis pequenos

Os sillóns dos académicos mudaron hoxe de aspecto para acoller aos que son xa o futuro da lingua galega. Os nenos do centro rural agrupado Boqueixón-Vedra foron os protagonistas da presentación da nova colección dos Bolechas dedicada ás letras galegas. 

O primeiro dos libros recolle a figura de Eduardo Pondal a piques de entrar no ano en que se conmemora o centenario da súa morte. Nomes coma Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel María ou Ánxel Fole completan esta colección que suma xa 500 títulos de éxito entre os pequenos.

A colección das Miñas Primeiras Letras é unha obra de Pepe Carreiro, editada por Bolanda coa colaboración da Real Academia Galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/12/2016