CRTVG

Buscar

Os Bolechas percorren os entroidos ourensáns

Publicado o 20/02/2020 14:50

Os Bolechas vístense de Entroido. A súa nova publicación é unha guía que conduce os máis cativos polas distintas máscaras e tradicións da provincia de Ourense.

Na terra das pantallas presentouse esta guía do Entroido Bolechizado.

Saen todas as figuras da rica tradición ourensá representadas tamén neste museo do entroido onde se presentou a guía.

A guía, publicada pola Deputación Provincial, complétase cunha unidade didáctica para que, ademais de divertírense, aprendan sobre as tradicións da súa contorna.

E ata aquí desprazaronse tamén os Bolechas, os auténticos, para sorpresa dos cativos, que non contaban con teren unha mañá tan especial.

Noticias web

20/02/2020