CRTVG

Buscar

Os Bolechas actuarán por oito concellos na súa xira de Nadal

Publicado o 17/12/2020 13:24

Volven os Bolechas polo Nadal. Esta mañá presentouse a xira que os levará desde o 21 de decembro por oito concellos ata o 7 de xaneiro: Guntín, Redondela, Abadín, Bergondo, Salceda de Caselas, Padrón, Viana do Bolo e Trazo.

A edición deste ano estará marcado pola pandemia, pero desde Política Lingüística aseguran que será unha xira segura e animan aos concellos a sumarse a ela. Desde a Televisión de Galicia salientan que os Bolechas son un distintivo na programación infantil da cadea que teñen máis valor ca nunca nestes momentos.

Noticias web

17/12/2020