Os blogueiros gastronómicos galegos gozan da cociña atlántica na Coruña
César Bonilla recibiu os blogueiros nun establecemento histórico da Coruña. Desde 1958 o chocolate con churros imprímelle o aroma a este local da rúa Galera. "Empezar o día así é empezalo ben. Espero que lles gustaran os churros e eu encantado de velos por aquí. Emociónome de verdade"
Trinta e cinco blogueiros participan na xuntanza. A maioría son galegos, pero algúns chegaron desde as Canarias, Asturias ou mesmo os Estados Unidos. "O produto de aquí, o peixe, o marisco, a carne... é produto fresco, fresco", comenta unha blogueira estadounidense.
Moitos coñecíanse só a través das redes sociais e hoxe póñense cara por primeira vez. Durante a fin de semana participarán en catas e degustacións coa cociña atlántica como protagonista. María Pérez Patiño organiza a xuntanza: "Queremos dar a coñecer Galuicia, os produtos desta esquina do atlántico, que son moitos e moi importantes".
Tamén terán tempo para visitar os lugares máis emblemáticos da cidade. É a novena xuntanza de blogueiros gastronómicos de Galicia.