CRTVG

Buscar

Os bioapicultores aplican métodos tradicionais para combater a varroa

Publicado o 03/09/2018 15:30

Na apicultura un dos problemas que ameaza a rendibilidade das colmeas é a varroa. Trátase dun ácaro que debilita as abellas e se adoita combater con produtos fitosanitarios, pero fronte a este xeito de traballar xurdiron propostas novas como a bioapicultura que loita contra a varroa con métodos tradicionais.

Estas colmeas están colocadas no que se chama disposición quente. Xiráronas 90 graos e os seus paneis interiores quedan paralelos á entrada das abellas. Isto provoca unha maior temperatura no interior algo que non lle gusta ao ácaro da varroa. Esta é unha das claves do Manexo Ecolóxico Natural que están a pór en marcha en Galicia da man de preto dunha trintena de bioapicultores. Outra das claves é evitar a alimentación artificial das abellas e non utilizar cera estampada.

A normativa apícola obriga a tratar a varroa con acaricidas excepto a quen participe no programa de investigación de bioapicultura. Os interesados poden sumarse a través dun curso de formación que se levará a cabo o 15 de setembro en Agolada.A redución de gasto, menos intervencións nos apiarios e unha maior calidade do mel son os resultados deste programa que se presentará en outubro en Tenerife no congreso estatal de apicultura

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/09/2018