Prezo e sabor: os beneficios de consumir produtos de tempada
Publicado o 15/10/2021 14:08
15 de outubro, buscamos produtos de tempada na praza de abastos de Ourense. Tamén as noces, os caquis, as granadas, as mazás... e comezan a chegar os críticos para desbancar a froita de óso.
No país moita xente ten a sorte de poder levar á mesa os produtos da súa horta, outras teñen que mercalas fixándose cales están no tempo.
Mercar froitas e hortalizas de tempada é bo para o peto, porque aforra, e para o padal, xa que saben moito mellor.
Consumir produtos de tempada e de proximidade ademais axuda os pequenos produtores locais e impulsa unha agricultura respectuosa co medio.