CRTVG

Buscar

Os beneficios das empresas galegas crecen un 30% no último ano

Publicado o 13/11/2019 15:27
Os beneficios das empresas galegas crecen un 30% no último ano

Os beneficios das empresas galegas baten unha nova marca. As vendas superaron por primeira vez os 100.000 millóns de euros. Ademais, os beneficios das empresas galegas están en niveis históricos, con máis de 8.200 millóns de euros. Isto supón unha suba do 30% con respecto ao ano anterior.

Os sectores con máis beneficios son o do comercio e o do transporte. Nunca antes o tecido produtivo da comunidade facturou tanto. Son os últimos datos que acaba de facer públicos a Axencia Tributaria, correspondentes ao ano 2017.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019