CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A terapia acuática causa múltiples beneficios nos nenos con dano neurolóxico

Publicado o 27/01/2018 14:56


Coñecemos agora os beneficios da terapia acuática para nenos e nenas con dano neurolóxico. Son unhas técnicas dentro da auga nas que só catro persoas están especializadas en Galicia.

Nayana ten catro anos e sofre un retraso xeralizado do desenvolvemento. Leva tres anos recibindo terapia acuática.

A terapia acuática combina as propiedades mecánicas da auga, a profundidade, a flotabilidade e a súa temperatura, ten que estar entre os 32 e os 34 graos.

Controlando a rotación da pelvis e das extremidades, Nayana, axudada tamén con outros tratamentos profesionais fóra da auga, conseguiu poñerse boca abaixo que non podía.