CRTVG

Buscar

Os bares e cafés de Bruxelas pechan durante un mes para conter o virus

Publicado o 08/10/2020 21:55

Hoxe é o primeiro día en Bruxelas do peche dos bares e cafés durante un mes. Unha restrición para controlar a segunda onda da covid-19, porque a capital belga ten unha incidencia de contaxios o dobre de alta (500 contaxios por cada 100.000 habitantes) ca no resto do país.

A medida é extraordinaria e non se aplica no resto de Bélxica.

Os establecementos que permanezan pechados ao longo deste mes recibirán unha axuda pública de 2.000 euros.

Bélxica é un dos países europeos máis afectados pola covid-19 nunha clasificación que lidera a propia España, xunto con Francia, o Reino Unido e Italia.

Noticias web

08/10/2020