CRTVG

Buscar

Os barcos galegos que pescan en Mauritania abandonan o caladoiro

Publicado o 24/07/2019 20:20

Os armadores galegos que traballan en Mauritania están empezando a abandonar o caladoiro ante os problemas que teñen para transportar o peixe ata Vigo por estrada. Un conflito local na fronteira entre ese país e Marrocos ten paralizadas toneladas de peixe que está podrecendo nos camións. 

Os barcos galegos empezan a abandonar o caladoiro de Mauritania, e os que non marcharon xa están pensando en facelo. Alí anda á pescada e á palometa que logo se vende nas lonxas de Cádiz e Vigo. O transporte faise por unha estrada que cruza parte de Mauritania e Marrocos, pero un conflito local na fronteira paraliza os envíos de peixe fresco. As perdas son incalculables.
María José de Pazo, armadora de Marín, conta que "o máximo de días foron 10, o que leva á destrucción total e absoluta desa carga de peixe que é o traballo dunha marea enteira dos nosos barcos".

Os camións non poden cruzar baleiros nin volver cargados de peixe por este bloque, e os armadores aseguran que as autoridades europeas adían a súa resposta ata agosto. De Pazo asegura que "nestes momentos está pechada a fronteira. Os barcos pregunta se pescan ou non ou se marchan. A miña decisión é marchar".

Marrocos empezou xa a dar licenzas para o seu caladoiro, e algúns barcos, que levan máis de 15 anos pescando en Mauritania e traendo o peixe sen problemas, xa están abandonando. Outros están devolvendo as licenzas.

 




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/07/2019