CRTVG

Buscar

Os bañistas escapan da vaga de calor nas costas galegas

Publicado o 13/08/2021 20:10
Os bañistas escapan da vaga de calor nas costas galegas

Os termómetros arredor dos 30 graos nas zonas costeiras son ideais para gozar das praias. Por iso, repítense as imaxes habituais destas datas de mediados de agosto en practicamente todos os areais de Galicia, que estaban ateigados de xente.

A vaga de calor que viven no resto de España, e tamén nalgúns puntos da nosa comunidade, contrasta cunhas temperaturas máis suaves, aínda que altas, do litoral. Por iso, foron moitos os que decidiron achegarse ata a costa para refrescarse e comezar unha fin de semana igual de abafante. 

Noticias web

13/08/2021